REPRESIÓN POLICIAL AO ESTUDANTADO VIGUÉS, INCLUÍDO UN MENOR PARTICIPANTE DO PROCESO MIR

Hoxe á mañá en Vigo, na xornada de mobilizacións estudantís contra a LOMCE, os corpos represivos ensañáronse unha vez máis coa mocidade consciente provocando numerosos feridos e 6 detidos, entre os que se atopa un menor de idade, dato que dende aquí transmitimos con máis mágoa e empatía se cabe, dado que se trata dun camarada noso, coñecido no movemento asociativo da cidade obreira galega.

unnamed
Foto: anónima

Dende o proceso MIR esiximos:

1)      A inmediata posta en liberdade sen cargos dos 6 activistas detidos.

2)      Rectificación dos medios de comunicación burgueses, como Faro de Vigo, polas calumnias e insidias vertidas sobre os feitos. Sempre leais á man que lle dá de comer.

3)      Identificación e apertura dos procesos pertinentes dos torturadores das forzas policiais.

4)      O boicot do estudantado cara ás centrais estudantís do réxime, nomeadamente o Sindicato de Estudantes, pola súa actitude colaboracionista sinalando e contendo ao estudantado e facilitando as detencións.

5)      Retirada, sen condicións, da lei clasista, machista e españolista LOMCE.

Vémonos nas rúas, camaradas.

Advertisements