Constituímonos

conquistaDespois deste tempo de debate durante os últimos meses, a mocidade independentista revolucionara do Proceso MIR damos por concluída esta etapa para dar comezo a outra nova: a constitución da organización da mocidade comunista galega.
O congreso constituínte e a elección do Comité Central baixo o lema “Das loitas da mocidade ás filas da revolución,” celebrarémolo o vindeiro sábado 21 de decembro no barrio proletario de Teis (Vigo), lugar que ten un especial significado para o comunismo independentista por ser onde residiu o noso histórico camarada Moncho Reboiras, e berce tamén do líder obreiro Abelardo Collazo.
Desde a nova organización, nós, a mocidade revolucionaria galega pretendemos continuar a andaina que no 2004 comezamos con ADIANTE e cubrir o espazo político que ficou baleiro tras a súa disolución. Pretendemos construír unha ferramenta sólida e forte, para que a mocidade coma parte da clase obreira tome o ceo por asalto, camiñando conxuntamente coa nosa organización irmá, a FPG, baixo os parámetros de independencia, socialismo e feminismo.
As portas dunha nova Xeira ábrense de par en par para comezar un traballo que perdurará no tempo e que fará historia.
Advertisements