Todalas entradas de procesomir

Unha nova Xeira

logoxeiraConstituímonos como Organización da Mocidade Comunista Galega. O proceso MIR apuntalou os alicerces na Patria e fortaleceu as posicións independentistas e comunistas organizadas. Durante este tempo; desde a disolución de Adiante até hoxe, creamos estas asembleas coa firme vontade de trazar un vieiro de loita revolucionaria que fose medrando cualitativa e cuantitativamente. Conseguímolo, e é a partir do 21 de decembro (data na que celebramos o noso Congreso Constituínte), que o proceso toma forma de organización política.
Somos Xeira. Somos a mocidade comunista galega.
Até a vitoria sempre!
Mudamos de sitio web. O noso novo enderezo é http://www.xeiramocidade.org

Constituímonos

conquistaDespois deste tempo de debate durante os últimos meses, a mocidade independentista revolucionara do Proceso MIR damos por concluída esta etapa para dar comezo a outra nova: a constitución da organización da mocidade comunista galega.
O congreso constituínte e a elección do Comité Central baixo o lema “Das loitas da mocidade ás filas da revolución,” celebrarémolo o vindeiro sábado 21 de decembro no barrio proletario de Teis (Vigo), lugar que ten un especial significado para o comunismo independentista por ser onde residiu o noso histórico camarada Moncho Reboiras, e berce tamén do líder obreiro Abelardo Collazo.
Desde a nova organización, nós, a mocidade revolucionaria galega pretendemos continuar a andaina que no 2004 comezamos con ADIANTE e cubrir o espazo político que ficou baleiro tras a súa disolución. Pretendemos construír unha ferramenta sólida e forte, para que a mocidade coma parte da clase obreira tome o ceo por asalto, camiñando conxuntamente coa nosa organización irmá, a FPG, baixo os parámetros de independencia, socialismo e feminismo.
As portas dunha nova Xeira ábrense de par en par para comezar un traballo que perdurará no tempo e que fará historia.

REPRESIÓN POLICIAL AO ESTUDANTADO VIGUÉS, INCLUÍDO UN MENOR PARTICIPANTE DO PROCESO MIR

Hoxe á mañá en Vigo, na xornada de mobilizacións estudantís contra a LOMCE, os corpos represivos ensañáronse unha vez máis coa mocidade consciente provocando numerosos feridos e 6 detidos, entre os que se atopa un menor de idade, dato que dende aquí transmitimos con máis mágoa e empatía se cabe, dado que se trata dun camarada noso, coñecido no movemento asociativo da cidade obreira galega.

unnamed
Foto: anónima

Dende o proceso MIR esiximos:

1)      A inmediata posta en liberdade sen cargos dos 6 activistas detidos.

2)      Rectificación dos medios de comunicación burgueses, como Faro de Vigo, polas calumnias e insidias vertidas sobre os feitos. Sempre leais á man que lle dá de comer.

3)      Identificación e apertura dos procesos pertinentes dos torturadores das forzas policiais.

4)      O boicot do estudantado cara ás centrais estudantís do réxime, nomeadamente o Sindicato de Estudantes, pola súa actitude colaboracionista sinalando e contendo ao estudantado e facilitando as detencións.

5)      Retirada, sen condicións, da lei clasista, machista e españolista LOMCE.

Vémonos nas rúas, camaradas.