Presentación

Novembro coma coitela agarima o rostro da mocidade traballadora galega e é a presenza dos mártires de Carral, é a memoria da URSS, é o soño emancipador de Moncho Reboiras quen se impón neste fin de ciclo, mais tamén nesta nova xeira que se abre como emerxe o sol contra o horizonte na República Popular. Somos a mocidade prohibida, a emigrada, a despedida, a esquilmada por un sistema concibido para o beneficio dos poucos sobre a explotación da maioría. E por iso, tamén, somos a maioría. Formamos parte desa enorme maioría mundial que padece os constantes abusos da mafia capitalista e estamos aquí para organizarnos porque cómpre rematarmos con esta farsa á que pretenden que chamemos vida, pois o que vivimos ten mellor o nome do espolio. As bandeiras da independencia e o socialismo, atravesadas pola loita feminista, vertebran o sentido deste novo proxecto que nos convoca e ao que vos damos benvida.
Benvida sexa, entón, a nova xeira: viva Galiza ceibe, socialista e feminista!!!